Que son?

Sobre Mil Primaveras

Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.

Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.

Saber máis
Que está a pasar?
O VI Premios Mil Primaveras (2024) serán escollidos entre 36 candidaturas presentadas

04/feb/2025

O venres pasado acabou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á edición de 2024 dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 36 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega de centros educativos, asociacións e outras entidades.

Saber máis
Os Premios Mil Primaveras, recoñecidos nos IV Premios Alfredo Iglesias

18/xan/2025

O 16 de xaneiro tivo lugar en Teo o acto de entrega dos IV Premios Alfredo Iglesias, promovidos por Álex Regueiro, impulsor da revista Coralia. Entre as dezanove persoas e colectivos premiados, os Premios Mil Primaveras foron recoñecidos como iniciativa de promoción da lingua.

Saber máis
Convocamos os sextos Premios Mil Primaveras

15/out/2024

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca por sexto ano consecutivo os Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.

Saber máis
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Deputación de Pontevedra. Ano da Lingua