Foto de grupo dos IV Premios Mil Primaveras (foto: Ramón Yoshimura)
O Hotel Congreso, nas Mámoas de Motouto, en Teo, acolleu na tardiña do 16 de xaneiro o acto de entrega dos IV Premios Alfredo Iglesias, promovidos pola desaparecida revista Coralia e o deseñador Alejandro Regueiro.
Nesta cuarta edición recoñecéronse as seguintes persoas e colectivos en diferentes categorías:
Anxos Sobriño e Mónica Fernández Valencia recollen o premio (foto: Radio Líder Santiago)
A cuarta edición dos Premios Alfredo Iglesias recoñeceu esta iniciativa da CTNL na categoría de promoción da lingua.
Os Premios Mil Primaveras naceron no ano 2019 coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio.
Os obxectivos dos Premios Mil Primaveras son:
Os Premios Mil Primaveras promóveos e organízaos a CTNL coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.
Nestes momentos os Premios Mil Primaveras teñen aberta a inscrición na súa sexta edición, que pechará a recepción de candidaturas o 31 de xaneiro. Nas cinco edicións anteriores recoñecéronse 28 proxectos, que poden consultarse neste web, na sección de proxectos premiados.
Recolleron o premio en nome da CTNL a súa presidenta, Mónica Fernández Valencia, e a vogal Anxos Sobriño, que aproveitaron para destacar a xenerosidade das persoas e entidades participantes, que comparten connosco a planificación, o deseño, a execución e a avaliación do seu labor de promoción da lingua.
Os Premios Alfredo Iglesias lembran a figura de Alfredo Iglesias Otero, artista multidisciplinar falecido o 16 de xaneiro de 2021.