23/set/2019
O pasado sábado, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.
18/set/2019
O reitor da USC, Antonio López, entregou o pasado luns o II Premio Luís Porteiro Garea destinado a recoñecer a promoción e uso do galego na USC ao profesor emérito e catedrático de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade.
12/set/2019
O 21 de setembro ás 11.30 horas terá lugar na Sala de Congresos do Pazo da Cultura de Pontevedra o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Para este acto a CTNL conta coa colaboración, como anfitrión, do Concello de Pontevedra e coa axuda económica da Deputación Provincial de Pontevedra.
04/set/2019
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) convoca a segunda edición do Premio Xela Arias, que recoñece empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou da interpretación cara a ou desde o galego.
05/ago/2019
Xa se poden consultar no web os proxectos recoñecidos na primeira edición dos Premios Mil Primaveras: Modelo Burela (como proxecto estabilizado), Falemos de ti e min (como proxecto novo), Desafío 48 h (pola súa comunicación e impacto), Youtubeir@s (como proxecto máis innovador), Eu presumo de galego (como proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial).
09/xul/2019
O Concello de Ponteareas crea o Premio "Ponteareas, lingua e empresa", para recoñecer e promover o uso do galego no ámbito empresarial.
26/xuñ/2019
Modelo Burela (como proxecto estabilizado), Falemos de ti e min (como proxecto novo), Desafío 48 h (pola súa comunicación e impacto), Youtubeir@s (como programa máis innovador), Eu presumo de galego (como proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial) son os primeiros Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego.
20/xuñ/2019
O Premio Rosalia de Castro de Lingua na súa décima edición recoñeceu o portal xornalístico de divulgación científica GCiencia (categoría xeral) e o proxecto 21 Días co Galego, agora ampliado a 21 Días co Galego e máis (categoría de traballo específico coa infancia e a mocidade).
28/mai/2019
A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer as persoas que se recoñecerán este ano na vixésimo quinta edición dos Premios Lois Peña Novo: Manuel Bermejo Patiño, profesor emérito da USC, Paz Filgueira Paz, maxistrada, e Carlos Salgado López, profesor da USC.
20/mai/2019
O pasado 17 de maio finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística aos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Tras o período de inscricións recibíronse un total de 47 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua, asociacións e entidades privadas.