Aviso legal

 
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), no sucesivo “a entidade”, pon á disposición dos seus usuarios a seguinte información:
 
Condicións xerais de uso da web 

  1. A utilización deste espazo web está suxeita á aceptación plena por parte das persoas usuarias destas condicións xerais de uso, ou ben daquelas que estean vixentes en cada momento en que as usuarias accedan ao web. 
  1. Só se permite o acceso a este sitio así como o seu uso con fins lícitos, axustándose en todo momento o seu uso ás presentes condicións xerais, á lei aplicable en cada momento, así como á moral, bos costumes e orde pública. A entidade resérvase o dereito a retirar o acceso a este sitio, sen necesidade de previo aviso, a calquera persoa usuaria que contraveña o disposto neste aviso legal, así como a pór en coñecemento das autoridades competentes a realización de actividades que poidan ser constitutivas de delito. 
  1. A entidade resérvase o dereito unilateral de modificar en calquera momento as presentes condicións xerais de uso así como calquera outras condicións xerais ou particulares do seu sitio web. Tamén se reserva o dereito a modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización do sitio web, así como os contidos e as condicións requiridas para utilizalos. 
  1. A persoa usuaria recoñece que o acceso a este sitio se realiza baixo o seu libre consentimento e é responsabilidade exclusiva súa. 
  1. A entidade resérvase o dereito de pór en coñecemento da autoridade competente calquera outro uso que poida atentar contra os seus intereses ou dereitos ou que poida ser constitutivo de delito. 
  1. A entidade resérvase o dereito a pór fin a este servizo web en calquera momento sen máis requisito que o aviso nas presentes condicións con 15 días de antelación.

 
Cláusula de exclusión de responsabilidade
 

  1. A entidade non pode garantir a dispoñibilidade permanente do servizo que ofrece este sitio, nin se fai responsable dos danos e perdas producidos ou que poidan producirse no futuro, nin dos defectos técnicos, calquera que sexa a súa natureza, que se deriven do uso da información contida neste sitio web. 
  1. No caso de que, por un ataque informático, se produzan erros na información facilitada, a entidade non se fai responsable de tales erros así como dos danos causados polo uso da información derivada dos devanditos erros. 
  1. O contido deste web é meramente informativo, non facéndose responsable en ningún momento sobre os posibles erros producidos na súa presentación. Se desexa información máis detallada pode pórse en contacto a través do enderezo de correo milprimaveras@ctnl.gal ou ben por teléfono.

  
Réxime de propiedade industrial e intelectual
 

  1. A propiedade industrial e intelectual de cantos logos, emblemas ou calquera elemento incorporado no deseño deste sitio pertence en exclusiva á entidade. A persoa usuaria recoñece e acepta estes dereitos. Os elementos deste web sobre os que a entidade non ten dereitos de propiedade intelectual ou industrial son usados co correspondente permiso. 
  1. Queda prohibida a reprodución de todo ou parte do contido deste sitio web, así como a súa transmisión ou rexistrado por ningún sistema de recuperación de información, en ningunha forma nin en ningún medio, a menos que se conte coa autorización previa, por escrito, da entidade. 
  1. Non está permitido eludir o copyright sobre os dereitos da entidade, así como eludir ou tratar de eludir os sistemas que haxa ou poida haber de protección dos contidos. Permítese o dereito de cita sempre que se indique a fonte de que provén. 
  1. Calquera violación dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial deste portal ou os elementos da entidade será obxecto das oportunas medidas legais para lograr a protección destes. 

 
Lexislación aplicable
 

  1. A entidade informa de que este sitio web está aloxado en España, país onde ofrece os seus servizos, e por iso a única lexislación aplicable para resolver calquera conflito respecto da interpretación destas condicións é a lexislación española, así como os tratados internacionais que subscribise España. 
  1. Mediante a aceptación das presentes condicións xerais, a persoa usuaria sométese á xurisdición dos tribunais da Coruña, para resolver calquera controversia relacionada co apartado anterior.

 
Como pórse en contacto
 
Se desexa aclarar calquera aspecto en relación coas condicións de uso descritas, pode dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:

milprimaveras@ctnl.gal

ou ben por escrito a:

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Apartado de correos 170

15702 Santiago de Compostela
 

Datos identificativos do prestador de servizos

Nome da entidade: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

CIF: G-15542897

Domicilio social: rúa de Ángel Amor Ruibal, 14, 5ºC, 36004 Pontevedra

Número no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia: 2004-7477-1

Data de alta no Rexistro de Asociacións: 20/07/2004

Teléfono: +34 629571950

Enderezo electrónico: milprimaveras@ctnl.gal

 
O titular do sitio web elaborou este aviso legal por iniciativa propia tomando como base os textos legais dispoñibles baixo licenza CC *By na páxina web www.abanlex.com.