Que son?

Sobre Mil Primaveras

Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.

Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.

Saber máis
Que está a pasar?
A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras xa ten proxectos gañadores

03/abr/2023

Esta nova edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro proxectos: Asociación Faladoiros Vigo (un proxecto de fomento da oralidade en galego creando espazos de confianza), Caranvexo TV (un recurso colectivo para fomentar a lingua a través do audiovisual), Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (un programa piloto para reflexionar e traballar o conflito lingüístico entre a mocidade) e Na Utopía (unha plataforma de obradoiros en liña que ofrece contidos variados na nosa lingua).

Saber máis
Inscríbense 35 iniciativas de normalización lingüística nos IV Premios Mil Primaveras (2022)

02/feb/2023

O 31 de xaneiro, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 35 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades.

Saber máis
A CTNL convoca a cuarta edición dos Premios Mil Primaveras

20/set/2022

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca os IV Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego (2022) co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.

Saber máis
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Deputación de Pontevedra. Ano da Lingua