15/out/2024
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca por sexto ano consecutivo os Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.
10/xuñ/2024
O sábado 8 de xuño, o Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos V Premios Mil Primaveras (2023), convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. Na gala de entrega de premios participou tamén o Concello de Pontevedra.
02/xuñ/2024
O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle un ano máis o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Esta quinta entrega terá lugar o sábado 8 de xuño ás 19.30 horas, estará conducida polos relatos e a música de Rilo & Penadique, e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.
06/abr/2024
A quinta edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro novos proxectos de normalización lingüística: Aquí tamén se fala (un programa que busca implicar o alumnado na promoción da lingua no seu contexto social), CeibaRimas (un proxecto que procura normalizar o uso da lingua entre a mocidade a través do improvisación oral), Elos. Engánchate ao galego! (unha iniciativa de voluntariado lingüístico para facilitar a práctica do galego en ámbitos informais) e Recuncho Gamer (proxecto audiovisual de divulgación en galego sobre videoxogos).
01/feb/2024
Onte finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á quinta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 37 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega de centros educativos, asociacións e outras entidades.
30/set/2023
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca os V Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego (2023) co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.
12/xuñ/2023
O pasado venres, 9 de xuño, celebramos no Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra o acto de entrega dos IV Premios Mil Primaveras (2022), convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. No acto de entrega colaborou tamén o Concello de Pontevedra.
01/xuñ/2023
O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle o venres 9 de xuño ás 19.30 horas o acto de entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras. O evento, que contará coa actuación de Matrioskas, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.
03/abr/2023
Esta nova edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro proxectos: Asociación Faladoiros Vigo (un proxecto de fomento da oralidade en galego creando espazos de confianza), Caranvexo TV (un recurso colectivo para fomentar a lingua a través do audiovisual), Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (un programa piloto para reflexionar e traballar o conflito lingüístico entre a mocidade) e Na Utopía (unha plataforma de obradoiros en liña que ofrece contidos variados na nosa lingua).
02/feb/2023
O 31 de xaneiro, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 35 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades.