Novas

A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras xa ten proxectos gañadores

03/abr/2023

Esta nova edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro proxectos: Asociación Faladoiros Vigo (un proxecto de fomento da oralidade en galego creando espazos de confianza), Caranvexo TV (un recurso colectivo para fomentar a lingua a través do audiovisual), Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (un programa piloto para reflexionar e traballar o conflito lingüístico entre a mocidade) e Na Utopía (unha plataforma de obradoiros en liña que ofrece contidos variados na nosa lingua).

Saber máis
Inscríbense 35 iniciativas de normalización lingüística nos IV Premios Mil Primaveras (2022)

02/feb/2023

O 31 de xaneiro, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 35 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades.

Saber máis
A CTNL convoca a cuarta edición dos Premios Mil Primaveras

20/set/2022

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca os IV Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego (2022) co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.

Saber máis
Os Premios Mil Primaveras entregáronse na Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra

15/xuñ/2022

O pasado sábado, 11 de xuño, celebramos na Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra o acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

Saber máis
Pontevedra acolle o acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras

03/xuñ/2022

A Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra acolle o sábado 11 de xuño ás 11.30 horas o acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras. O evento, conducido por María da Pontragha, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.

Saber máis
Resólvense os Premios Mil Primaveras de 2021

03/abr/2022

Do berce á rúa (como proxecto estabilizado), CantáMOLA en galego (como proxecto novo), Twitter en galego e Instagram en galego (pola súa comunicación e impacto), Somos xogo (como programa máis innovador), Dicionario galego para boomers (como proxecto destinado á infancia e mocidade) e Media Laranxa (como proxecto dun ámbito sectorial) son os proxectos recoñecidos na edición de 2021 dos Premios Mil Primaveras.

Saber máis
Preséntanse 23 proxectos de normalización lingüística aos III Premios Mil Primaveras

05/feb/2022

O pasado luns, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á terceira edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 23 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades.

Saber máis
Chega a terceira edición dos Premios Mil Primaveras

02/nov/2021

Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convocamos a terceira edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos. Estes premios creáronse en 2019 e nas dúas edicións anteriores recoñeceron trece proxectos de normalización da lingua.
 

Saber máis
Aberto o prazo para presentar candidaturas ao IV Premio Xela Arias

31/ago/2021

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) convocou no mes de xullo o IV Premio Xela Arias, co cal busca recoñecer empresas, entidades ou persoas que contribúan á promoción do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación (desde ou cara ao galego) en todos os sectores económicos.

Saber máis
Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en Galego, premios Rosalía de Castro de Lingua 2021

14/xuñ/2021

Os Premios Rosalia de Castro de Lingua na súa décimo segunda edición recoñeceron o debuxante Xaquín Marín (como persoa que destaca na promoción da lingua galega), a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío (na categoría de entidades que destacan na promoción da lingua) e a iniciativa Twitter en Galego (na categoría de proxecto concreto que incide na mocidade).

Saber máis