Novas

Así foi o acto de entrega dos II Premios Mil Primaveras

06/xuñ/2021

O sábado 5 de xuño, o Teatro Principal de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos II Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto de entrega colaboraron o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra.

Saber máis
O 5 de xuño entregamos os II Premios Mil Primaveras no Teatro Principal de Pontevedra

30/mai/2021

O 5 de xuño ás 18.30 horas terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o acto de entrega da segunda edición dos Premios Mil Primaveras. Para este acto a CTNL conta coa colaboración, como anfitrión, do Concello de Pontevedra e coa axuda económica da Deputación Provincial de Pontevedra.

Saber máis
Xa se poden consultar no web os proxectos recoñecidos nos II Premios Mil Primaveras

11/abr/2021

Xa se poden consultar no web os proxectos recoñecidos na segunda edición dos Premios Mil Primaveras: Enreguéifate e Regueifesta (como proxecto estabilizado), Galeguiza-T (como proxecto novo), DigochoEu (pola súa comunicación e impacto), Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega (como proxecto máis innovador), Projeto Educativo Semente (como proxecto destinado á mocidade) e Galegoempresas (como proxecto dun ámbito sectorial). Tamén está dispoñible para a súa consulta O galego, a miña lingua propia, recoñecido cunha mención do xurado.

Saber máis
Os II Premios Mil Primaveras xa teñen gañadores

23/mar/2021

Enreguéifate e Regueifesta (como proxecto estabilizado), Galeguiza-T (como proxecto novo), DígochoEu (pola súa comunicación e impacto), Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega (como programa máis innovador), Projeto Educativo Semente (como proxecto destinado á infancia) e Galegoempresas (como proxecto dun ámbito sectorial) son os proxectos recoñecidos na segunda edición dos Premios Mil Primaveras.

Saber máis
Chega o XII Premio Rosalía de Castro de Lingua, este ano con tres categorías

04/mar/2021

A Deputación da Coruña publicou no BOP do 3 de marzo de 2021 as bases da décimo segunda edición do Premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico. A convocatoria deste ano inclúe tres categorías (persoa, entidade e proxecto concreto que contribúan á promoción da lingua). O prazo para presentar candidaturas comeza o 11 de marzo e finalizará o 31 de maio de 2021.

Saber máis
Chega Lingua de namorar 2021

12/feb/2021

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, que convocan a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Saber máis
Convocatoria dos premios á innovación educativa en dinamización lingüística

12/feb/2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan os premios á innovación educativa en dinamización lingüística, dirixidos aos centros de ensino de titularidade pública. O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de marzo de 2021.

Saber máis
Premio a proxecto de serie en galego do Carballo Interplay 2021

11/feb/2021

O Concello de Carballo convoca o Premio a proxectos de serie en galego 2021, no marco da oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se terá lugar entre o 8 e o 11 de setembro de 2021.

Saber máis
A USC convoca o IV Premio Luís Porteiro Garea

10/feb/2021

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a cuarta edición do Premio Luís Porteiro Garea co fin de recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O premio leva o nome do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.

Saber máis
Inscríbense 37 proxectos de normalización lingüística nos II Premios Mil Primaveras

01/feb/2021

Onte mesmo, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística na segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 37 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades.
 

Saber máis