A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca unha nova edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Estes premios naceron co fin de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal sexa a valorización e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio. Para desenvolver esta iniciativa, a CTNL conta coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.
Con este recoñecemento, a CTNL procura valorar e espallar o bo traballo que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, favorecer que sexa un labor máis apreciado e comprendido socialmente, e compilar accións, proxectos e campañas que poidan servir de modelo ou ser inspiradoras para novas accións.
Poden optar a estes premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio e que foran desenvolvidas total ou parcialmente en 2019, 2020 ou 2021.
Non se admiten proxectos sen executar, nin se premiarán traxectorias de institucións, senón proxectos desenvolvidos nalgún/s dos anos indicados. Tampouco se poden presentar aos III Premios Mil Primaveras proxectos recoñecidos nas dúas edicións anteriores.
Para abranguer propostas diversas e diferentes colectivos e ámbitos sociais, os premios contarán con seis categorías:
A inscrición nos Premios Mil Primaveras é voluntaria e deberán realizala as entidades responsables dos proxectos, accións, campañas ou programas de normalización da lingua, pois só elas poden describir de forma detallada os aspectos técnicos da súa planificación, xestión, execución e avaliación.
A inscrición de proxectos farase a través do formulario da pestana Inscricións, que inclúe unha serie de datos obrigatorios: os básicos de identificación do proxecto, un resumo, unha fotografía de portada e un documento en .pdf que describa en detalle o proxecto. Este documento debe incluír polo menos as seguintes epígrafes:
Opcionalmente poden engadirse materiais que poidan servir para completar e exemplificar a descrición técnica: máis fotos, ligazóns a vídeos, a arquivos de son e outro tipo de enlaces.
A inscrición de cada proposta faise de maneira xeral aos premios, sen que sexa preciso escoller categoría. Alén disto, non hai límite no número de candidaturas que pode presentar cada entidade, sempre que cumpran as bases.
Os proxectos que resulten escollidos polo xurado publicaranse na sección Proxectos premiados tal e como foron subidos polas entidades responsables.
Do 3 de novembro de 2021 ao 31 de xaneiro de 2022.
Foto de grupo do acto de entrega da segunda edición dos Premios Mil Primaveras (Teatro Principal de Pontevedra, 5 de xuño de 2021)
Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica, senón que consisten no recoñecemento e difusión das accións, campañas, programas e proxectos como modelos positivos para o traballo en normalización lingüística.
Tamén inclúen a entrega dun galardón identificativo nun acto público que terá lugar nunha data e lugar que se determinará con suficiente antelación.
Foto de grupo do acto de entrega da primeira edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 21 de setembro de 2019)
Os Premios Mil Primaveras creáronse en 2019 e recoñeceron na súa primeira edición os seguintes proxectos:
Na segunda edición os Premios Mil Primaveras foron para:
Os Premios Mil Primaveras promóveos e organízaos a CTNL coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.