Proxecto Youtubeir@s

Listaxe de proxectos

Proxecto Youtubeir@s

O Proxecto Youtubeir@s, naceu no ano 2016 coa vontade de promover e visibilizar o uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado dixital, YouTube, con vídeos de opinión, videotitoriais, canles e creación musical. Este proxecto pretende fomentar a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión e impacto social como son @s youtubeir@s. É un proxecto colaborativo impulsado polos servizos de normalización lingüística de 13 concellos, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.
Actualmente está en marcha a terceira edición co reto de consolidar os premios a través da creación de comunidade arredor do proxecto, dando espazo para a interacción de youtubeir@s e propiciando o espazo de reflexión e de traballo conxunto.
Ademais dos premios, Youtubeir@s inclúe actividades de visibilización dos creadores e creadoras, formacións específicas, dinamización e xeración de contidos nas redes sociais e a sinerxía con festivais e con outros proxectos culturais galegos.

Edición: Primeira edición
Entidade: Concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo, UVigo, USC, UdC e Dep. da Coruña

Proxecto detallado

Ligazóns a vídeos

Proxecto Youtubeir@s
Proxecto Youtubeir@s
Proxecto Youtubeir@s
Proxecto Youtubeir@s
Proxecto Youtubeir@s