#DígochoEu é o proxecto educativo da CRTVG arredor da lingua. Cun formato extremadamente divertido e dinámico, a xornalista Esther Estévez invita a falar mellor en galego nun vídeo diario que propón unha palabra incorrecta, de uso común, e ofrece sinónimos e consellos para darlle unha reviravolta a esas expresións. #DígochoEu naceu en xaneiro de 2020 dentro da web dos servizos informativos, onde enseguida se situou como un dos contidos máis visualizados. Da web deu o salto á pantalla dos telexornais e no outono chegou a TikTok, onde pode verse unha morea de contidos extra. En tan só catro meses en TikTok, #DígochoEu chegou aos 35.000 seguidores. Nesta rede, os vídeos van camiño do medio millón de ?gústame? e, en total, os vídeos co cancelo #DígochoEu aproxímanse aos 5 millóns de visualizacións. Actualmente, #DígochoEu pode verse na web crtvg.gal, en g24.gal, así como nas contas de Instagram (@g24noticias), Twitter (@g24noticias), Facebook (g24noticias), Youtube (youtube.com/tvg) e TikTok (tiktok.com/@digochoeu) e no Telexornal da TVG.