Plataforma xuvenil para a promoción da lingua galega entre iguais.
Unha proposta pioneira que ultrapasou os muros dun centro de ensino para se converter nun proxecto autónomo e modelo de referencia para a promoción e creación de contidos en lingua galega por e para a mocidade. Destácase, entre todos os proxectos que se desenvolven, a creación da "Primeira antoloxía da música galega contemporánea" que aglutina a máis de 300 bandas en activo e que serviu de modelo para novas iniciativas en rede e promoción cultural.