Novas

Chega Lingua de namorar 2021

12/feb/2021

O obxectivo principal de Lingua de namorar é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

O concurso está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e está destinado a mocidade de entre 14 e 35 anos.

 

CATEGORÍAS

Nesta edición hai tres categorías:

A: destinada a mozas e mozos de 14 a 19 anos

B: destinada á mocidade de 20 a 35 anos

C: exclusiva para Instagram e para a que cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

 

CARACTERÍSTICAS DAS MENSAXES

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

 

PRAZOS DE PARTICIPACIÓN E VOTACIÓN

O prazo para enviar as mensaxes remata o venres 12 de marzo.

Logo, entre o 15 e o 23 de marzo abrirase o período de votación, na cal pode participar calquera persoa.

Ligazóns