16/feb/2020
Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convocamos a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos. A primeira edición tivo lugar en 2019 e recoñeceu seis proxectos de normalización da lingua.
11/feb/2020
A Universidade de Santiago de Compostela convoca a terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea co fin de recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O premio leva o nome do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.
18/dec/2019
Petiscos Gastrobar (Bertamiráns), Cenlitrosmetrocadrado (O Milladoiro) e Escola de Estudos Musicais Allegro (tamén do Milladoiro) foron as tres empresas escollidas polo xurado desta segunda edición do Premio Lingua e Empresa.
17/dec/2019
A XX edición dos Premios Manuel Beiras xa ten gañadores: Strelia Electrotecnia, Numax, Sociedade Cooperativa Galega, e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, que reciviron o seu galardón nunha gala que tivo lugar onte no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
22/nov/2019
O Carballo Interplay convoca unha nova edición do Premio ao Proxecto de Webserie en Galego, creado co obxectivo de incentivar e fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais en lingua galega en Internet.
17/nov/2019
Este ano 2019 os Premios Manuel Beiras chegan á súa vixésima edición. Estes premios, que convocan conxuntamente o Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, teñen por finalidade recoñecer o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial compostelán.
14/nov/2019
As empresas pontareás Industrias Cárnicas Fontefría, DIE Gabinete Técnico e Máis Vida foron as empresas escollidas para inaugurar o Premio "Ponteareas, Lingua e Empresa", creado este verán polo Concello de Ponteareas.
25/out/2019
A Asociación Cultural O Bardo e o Concello da Estrada resolveron a vixésimo novena edición dos seus premios de normalización lingüística. Ana Peleteiro, o Museo do Pobo Galego e a AC Tamparrantán foron a persoa e as entidades recoñecidas respectivamente nas modalidades de "Galicia enteira", "Toda unha vida" e "A Estrada e comarca de Tabeirós-Terra de Montes". O acto de entrega terá lugar no mes de novembro no Teatro Principal da Estrada.
25/out/2019
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do Departamento de Promoción Económica, convoca a segunda edición do Premio Lingua e Empresa Concello de Ames. O obxectivo do premio é recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial e promover o uso do galego na actividade económica do Concello de Ames.
01/out/2019
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) anunciou onte, 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, a entidade recoñecida co II Premio Xela Arias: a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.