O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, na súa 8ª edición, que terá lugar en Carballo do 8 ao 11 de setembro, convoca o premio a proxectos de serie en galego. A finalidade deste premio é incentivar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet.
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS
Os proxectos candidatos a este premio deben reunir as seguintes características básicas:
PREMIOS
O premio ten unha dotación económica de 3.000 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da serie do proxecto premiado.
PRAZO
Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases (publicadas no BOP da Coruña do 9 de febreiro de 2021) até o 31 de xullo de 2021.
Esta convocatoria creouse no ano 2016 e deste entón premiou os seguintes proxectos:
O Carballo Interplay tamén inclúe dentro da competición xeral un premio á mellor serie en versión orixinal en galego xa producida, dotado con 800 euros de premio e trofeo. A data límite para a inscrición nesta categoría é o 15 de xuño de 2021. Foron premiadas en anteriores edicións: