Novas

Nova convocatoria do Premio ao Proxecto de Webserie en Galego no Carballo Interplay

22/nov/2019

Carballo Interplay convoca unha nova edición do Premio ao Proxecto de Webserie en Galego, creado co obxectivo de incentivar e fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais en lingua galega en Internet.

CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS

Os proxectos candidatos a este premio deben reunir as seguintes características básicas:

  • Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
  • Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada etc.
  • As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de Internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres).
  • Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
  • Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos.

PREMIO

O premio ten unha dotación económica de 3000 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres capítulos da serie do proxecto premiado. O premio estará suxeito ás posibles retencións fiscais que a lei estableza.

PRAZO

Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases (BOP da Coruña do 15 de novembro) ata o 15 de marzo de 2020.

 

PROXECTOS PREMIADOS EN ANTERIORES EDICIÓNS

Esta convocatoria creouse no ano 2016 e deste entón premiou os seguintes proxectos:

  • Ano 2016: Peter Brandon de Porco Bravú
  • Ano 2017: Hai vida en Bran? de Ángela Andrada.
  • Ano 2018: Sígueme de Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose e Aitor Ramos.
  • Ano 2019: concedeuse o premio a dous proxectos, Xan e Amnesia 3.0.

O Carballo Interplay tamén inclúe dentro da competición xeral un premio á mellor serie en versión orixinal en galego xa producida, dotado con 800 euros de premio e trofeo. A data límite para a inscrición nesta categoría é o 16 de febreiro. Foron premiadas en anteriores edicións:

Ligazóns