A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan os premios escolares de innovación en dinamización lingüística. Esta convocatoria está dirixida aos centros de ensino de titularidade pública, co fin de que participen en proxectos educativos de innovación en dinamización lingüística durante o curso académico 2020-2021.
PREMIOS
Entre os proxectos presentados seleccionaranse cinco, considerados como excelentes, que recibirán unha dotación económica de 2000 euros. Tamén poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso, sen dotación económica.
As experiencias e os materiais didácticos producidos difundiranse no sitio web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tal e como se poden consultar agora os proxectos premiados en anos anteriores.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, remata o 10 de marzo de 2021.