Novas

O Premio Xoán Manuel Pintos recoñece o traballo coa infancia, no ensino e a colaboración para crear contidos en galego

01/mar/2018

A edición deste ano 2018 do Premio Xoán Manuel Pintos, que convoca o Concello de Pontevedra, recoñeceu as seguintes persoas e proxectos:

O premio ao labor desenvolto desde a última edición foi para o programa Apego, que desenvolven os SNL de trinta concellos galegos, porque consegue sumar a miles de familias para que sexan activas na transmisión da lingua galega desde o berce, como lingua inicial das súas fillas e dos seus fillos.

O premio ao traballo de xeito continuado ao longo de toda a traxectoria vital e profesional foi para Vitoria Ogando e Anxo González Guerra. Ambos os dous son profesores de lingua e literatura galega que desenvolveron os seus anos de docencia en Pontevedra, transmitindo a ducias de xeracións de estudantes o seu amor pola lingua e o orgullo de termos lingua, historia e cultura propias. Xuntos crearon materiais para a aprendizaxe da lingua, primeiro en papel e despois desde a Rede como o web ogalego.gal.

Nesta edición, creouse un novo premio elixido entre as propostas presentadas pola cidadanía. Entre as candidaturas presentadas, o xurado escolleu a Galipedia, a enciclopedia libre en galego, pola súa promoción e normalización da lingua galega. Alén diso, a Galipedia fai neste 2018 15 anos de traballo colaborativo en lingua galega.

O xurado estivo formado por Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística; Beatriz Campos, de Migallas Teatro, e Luís Davila, premios Xoán Manuel Pintos no ano 2016; José Luis Rodríguez, representante da asociación cultural Os de Algures; Begoña Mayo, representante da asociación de veciños Eduardo Pondal; Elena Gallego Abad, representante do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; Jorge Potel, representante do ENL do IES A Xunqueira II; Beatriz Corral Sánchez, representante da Administración autonómica-SXPL, e Concepción Cochón, técnica de normalización lingüística no Concello de Pontevedra.

sfasd gasd f
sdf asdf asdf
sdf54y e4ty
ret e
sd fs sd bfghfg