A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) crea o Premio Xela Arias, que servirá para recoñecer unha empresa, entidade ou persoa que destacase pola promoción da tradución ou da interpretación cara a ou desde o galego.
Os obxectivos do premios son:
O premio ten carácter simbólico.
As candidaturas poderán enviarse á asociación a través do correo electrónico info@agpti.org até o día 18 de outubro. Calquera persoa pode propor unha empresa, entidade ou persoa candidata por este medio.
O xurado estará conformado pola Xunta Directiva da AGPTI, aínda que a asociación pode convidar outras persoas ou entidades a formaren parte del. A decisión farase pública o día 30 de outubro.