A edición deste ano estrea web: http://www.premiosmanuelbeiras.gal/
A Cámara de Comercio de Compostela e mais o Concello de Santiago de Compostela convocaron a décimo novena edición dos Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa, cuxa finalidade é recoñecer o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial compostelán.Este recoñecemento prevé dúas categorías: unha para as empresas que veñen realizando un uso continuado da lingua galega e outra para as que se incorporaron recentemente ao uso do galego. Alén disto, o xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a persoas ou entidades que destaquen polo labor a prol da normalización do galego na empresa.
A edición deste ano dos Premios Manuel Beiras estrea web e complétase coa campaña #traballamosengalego, que procura visibilizar o traballo en galego no sector empresarial compostelán. No vídeo desta campaña participan algunhas das empresas premiadas en edicións anteriores.