O padriño ou madriña de aula é un proxecto a longo prazo, no cal, paulatinamente, cada unha das aulas do centro irá adoptando o nome dun escritor ou escritora en lingua galega.
A vida e obra do autor ou autora será obxecto de estudo de todos os alumnos e alumnas, sendo deste xeito, un referente literario e humano para o alumnado que ocupe este espazo. No último trimestre, realizarase o acto de apadriñamento contando coa visita do autor ou autora no centro.