Do berce á rúa é un espazo web lúdico-educativo que contén numerosos recursos en galego para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.
Entre estes recursos podemos atopar contos, xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras, un vídeo de como facer un disfrace de árbore autóctona galega ou animacións con diferentes temáticas como animais, bichos ou froita. Pero tamén contén información moi útil sobre a saúde, nomes en galego, consellos de crianza, etc. O enderezo deste sitio web é www.dobercearua.gal
Tal e como se reflicte no lema "achégalle o galego desde o berce", este web busca a participación das familias na tarefa de incorporar o galego na comunicación familiar desde o primeiro momento. Os nenos e as nenas poden aprender e divertirse en galego!!!
Este proxecto está impulsado desde o Servizo de Normalización Lingüística, Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón.