Somos xogo

Listaxe de proxectos

Somos xogo

Con ?Somos Xogo? pretendemos espallar a cultura e creatividade lúdicas e o patrimonio lúdico galego a través de varias actividades encamiñadas a poñer en valor o xogo na vida das persoas, reivindicar a recuperación de espazos e tempos para o xogo en galego, dar visibilidade ao traballo de persoas, iniciativas, asociacións, empresas... arredor do xogo e do xoguete en Galicia, fomentar o talento creativo das novas xeracións no deseño de xogos en galego e tecer redes entre as persoas e iniciativas que traballan no ámbito do patrimonio lúdico e o xogo.
"Somos xogo? é un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina, no que se inclúen varias accións:
- CAMPAÑA ESCOLAR E SOCIAL DE DINAMIZACIÓN DO XOGO ?Escola do xogar?: campaña de dinamización social e escolar de difusión do patrimonio lúdico galego.
- "FEIRA XOGANTINA" DO XOGO GALEGO: mostra de asociacións, empresas, proxectos, artesáns, persoas... vinculadas ao patrimonio lúdico galego (en liña).
- ?XOGA EN GALEGO": certame de creación de xogos de mesa en galego para público familiar.

Edición: Terceira edición
Entidade: Xandobela | Educación e cultura
Premiado na categoría: Premio ao proxecto máis innovador
Premiado no ano: 2021

Proxecto detallado

Ligazóns a vídeos

Somos xogo
Somos xogo
Somos xogo
Somos xogo
Somos xogo