O activismo dixital crea espazos como a iniciativa Twitter en galego onde a sociedade galega reivindica e se mobiliza dunha forma coordinada para a normalización da lingua galega.
Este proxecto naceu da vontade de centos de usuarias e usuarios desta plataforma social que reclamaban poder vivir na súa lingua con normalidade e sendo pioneiras desenvolveron a primeira mobilización dixital para conseguir que unha multinacional como Twitter acabase configurando a súa plataforma en galego. Dende 2013 está dispoñíbel a versión en galego para desktop cunha terminoloxía adaptada á nosa lingua.
A transformación social desta iniciativa fixo que esteamos a falar de chíos e cancelos para referirnos á terminoloxía que se emprega nesta rede social.