Media Laranxa

Listaxe de proxectos

Media Laranxa

Dous dos principais elementos que caracterizan a un pobo son a lingua e os seus costumes, que xuntos configuran a súa cultura e a súa identidade. Por este motivo, planificar a dinamización do galego nunha das actividades máis tradicionais que se desenvolven dentro da súa comunidade, como é a gastronomía, é fundamental para alcanzarmos a normalización da nosa lingua en todos os ámbitos sociais. Precisamente desta idea, nace Media Laranxa coa finalidade de proporcionar ao grande publico a través das redes sociais as bases para traballar na promoción e no desenvolvemento de estratexias que reforcen o galego non só no ámbito culinario, senón tamén cultural.

Edición: Terceira edición
Entidade: Media Laranxa
Premiado na categoría: Premio ao mellor proxecto de fomento do galego nun ámbito sectorial
Premiado no ano: 2021

Proxecto detallado

Ligazóns a vídeos

Media Laranxa