CantáMOLA en Galego

Listaxe de proxectos

CantáMOLA en Galego

CantáMOLA en galego (2000-2020). Exposición sobre a música en galego do século XXI

As cancións, ademais de arte, son unha ferramenta fundamental para vivirmos en galego: para enriquecer a lingua habitual, para botarse a falar ou para empezar a aprender. Porén, non é doado ter unha panorámica completa que nos permita coñecer e escoller entre a variedade de música en galego. Esta exposición, de vocación itinerante, busca organizar, mostrar e conectar a inmensa variedade de estilos musicais con cadanseu público, especialmente co novo.

O material creouse en tres formatos distintos: hai lonas de doado transporte e montaxe pensadas para espazos pechados, en préstamo; están publicadas na Rede e mais hai un formato xigante para a rúa. Coidouse o deseño, a exquisita selección de contidos, as listaxes de reprodución en Spotify e Youtube, a unidade didáctica e o catálogo, publicados na Rede para descarga libre e nunha pequena edición en papel.

Edición: Terceira edición
Entidade: Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística
Premiado na categoría: Premio ao mellor proxecto novo
Premiado no ano: 2021

Proxecto detallado

Ligazóns a audios

Ligazóns a vídeos

CantáMOLA en Galego
CantáMOLA en Galego