Na Utopía

Listaxe de proxectos

Na Utopía

Na Utopía é unha plataforma de obradoiros online integramente en galego referentes a distintos ámbitos creativos, técnicos ou divulgativos. Con este proxecto pretendemos, sinxelamente, aprender na nosa lingua. Para iso, contamos con profesionais con experiencia nas súas correspondentes materias ?xa sexan persoas máis coñecidas ou emerxentes? que se tornarán docentes para os nosos obradoiros. Neles compartirán connosco o seu coñecemento e xeito de traballar. Poderás encontrar obradoiros de temáticas como a música, ilustración, fotografía, artesanía e moito máis. Unha vez compres o obradoiro, poderás acceder a el para sempre desde a túa conta, conectándote desde calquera dispositivo con conexión a internet!

Edición: Cuarta edición
Entidade: Na Utopía
Premiado na categoría: Premio Mil Primaveras
Premiado no ano: 2022

Proxecto detallado

Ligazóns a vídeos

Na Utopía