Laboratorio de Apoderamento Lingüístico

Listaxe de proxectos

Laboratorio de Apoderamento Lingüístico

O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (LAB) é un proxecto piloto de dinamización do uso da lingua e de xestión do conflito lingüístico, promovido pola cooperativa Rexenerando. En 2022 foi seleccionado como parte do TeCe Redes en Galego, o repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

O laboratorio integra metodoloxías de innovación social para a sensibilización sobre a diversiade lingüística e a abordaxe do conflito lingüístico coa finalidade última de activar unha rede de mozas e mozos comprometidos coa lingua, que actúen como axentes de mediación no conflito lingüístico e activación de falantes entre iguais.

A primeira edición desenvolveuse en Ferrolterra, coa participación de catro centros de ensino da comarca. Constou de obradoiros vivenciais en aula, unha sesión de traballo intercentros para o prototipado de accións pola lingua e un acto final de celebración e peche. Contou cun cunha identidade gráfica propia con diferentes aplicativos, unha conta de Instagram, notas de prensa e dous vídeos resumo.

Edición: Cuarta edición
Entidade: Rexenerando S. Coop.
Premiado na categoría: Premio Mil Primaveras
Premiado no ano: 2022

Proxecto detallado

Ligazóns a vídeos

Laboratorio de Apoderamento Lingüístico
Laboratorio de Apoderamento Lingüístico
Laboratorio de Apoderamento Lingüístico
Laboratorio de Apoderamento Lingüístico
Laboratorio de Apoderamento Lingüístico