#AquíTaménSeFala é un proxecto de dinamización lingüística do IES Rafael Dieste da cidade da Coruña deseñado por Alberto Pombo (profesor de Literatura Galega) en colaboración con Arcadio González Nóvoa (profesor de Filosofía e responsábel do EDLG do centro) e desenvolvido por case 100 mozos e mozas estudantes da ESO durante o curso 2022/2023 en máis de 500 espazos de cada barrio da cidade.