Ceibarimas é un proxecto orientado a normalizar e dinamizar o uso do idioma galego nas artes entre a mocidade. En concreto pretende introducirse no ambiente da xente máis nova a través dos espazos de improvisación oral, isto é, o coñecido como freestyle ou rap improvisado. Nos últimos anos asistimos de maneira global, estatal e galega a un importante aumento da notoriedade do rap improvisado e, incluso, doutras formulacións de improvisación oral como os bertsolaris ou as regueifas. O ámbito do rap improvisado en concreto move cada día a máis rapaces e rapazas, tanto en eventos presenciais como online, por iso nos resultou un espazo moi estimulante para poder desenvolver o noso proxecto.
CeibaRimas é un proxecto moi amplo, que inclúe unha variedade de actividades e ferramentas das que tod@s @s usuari@s poden botar man para mellorar as súas habilidades dentro da disciplina do rap improvisado ou ?freestyle?.