Recuncho Gamer é un proxecto audiovisual que procura a divulgación de forma amena sobre os videoxogos, entendendo a estes como un produto cultural no que converxen moitas artes. Faino a través de varios formatos audiovisuais como vídeoensaios, podcasts, entrevistas e emisións en directo en plataformas como YouTube e Twitch:
Entre os seus obxectivos está: crear contido con intención divulgativa para poñer en valor o videoxogo como produto cultural e artístico, normalizar o uso do galego para falar de videoxogos en distintos ámbitos como YouTube, Twitch e as distintas redes sociais; e tamén dar a coñecer que videoxogos hai en galego.
Ademais, eeste proxecto busca tecer redes na industria do videoxogo galego coa participación e cobertura de traballadoras da industria (programadoras, diseñadores traductoras, xornalistas?) e do traballo de entidades como a Fundación do Museo do Videoxogo.