Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.
Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.
09/xuñ/2025
O pasado sábado, 7 de xuño, o Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos VI Premios Mil Primaveras (2024), convocados pola CTNL. Colaboran nestes premios a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.
01/xuñ/2025
O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acollerá o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Será o sábado 7 de xuño ás 11.30 horas e estará conducido pola narradora e actriz Atenea García. O acto conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.
09/abr/2025
A edición de 2024 dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro novos proxectos de normalización lingüística: Brazolinda (unha iniciativa empresarial de creación de xogos en galego), Galego para peques (un proxecto audiovisual dirixido á primeira infancia), Modo galego, actívao! (un programa integral de dinamización lingüística en diferentes ámbitos) e Vitamina G (unha iniciativa educativa co galego como factor de integración e cohesión social).