Que son?

Sobre Mil Primaveras

Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.

Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.

Saber máis
Que está a pasar?
Os oitavos Premios Mil Primaveras abren o prazo de inscrición

30/out/2026

Do 2 de novembro de 2026 ao 31 de xaneiro de 2027 está aberto o prazo para inscribir proxectos nos VIII Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística.

Saber máis
O pasado sábado celebramos a entrega dos VII Premios Mil Primaveras

15/xuñ/2026

O pasado sábado, 13 de xuño, o Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos VII Premios Mil Primaveras (2025), convocados pola CTNL. Colaboran nestes premios a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

Saber máis
O 13 de xuño entregamos os VII Premios Mil Primaveras en Pontevedra

08/xuñ/2026

O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle un ano máis o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Esta sétima entrega terá lugar o sábado 13 de xuño ás 11.30 horas, estará conducida por Iseo a Moura, e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.

Saber máis
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Deputación de Pontevedra. Ano da Lingua