A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a oitava edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.
Estes galardóns naceron en 2019 co fin de recoñecer e difundir o bo traballo que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, favorecer que sexa un labor máis apreciado e comprendido socialmente e compilar accións, proxectos e campañas que poidan servir de modelo ou ser inspiradoras para novas accións. Nas sete edicións anteriores foron premiados trinta e seis proxectos, que se poden consultar neste web.
Poden optar á oitava edición dos premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal fomentar a lingua e incrementar o seu uso e/ou prestixio e que fosen desenvolvidos total ou parcialmente en 2023, 2024, 2025 ou 2026.
Non se admiten proxectos sen executar nin se premiarán traxectorias de institucións, senón campañas desenvolvidas nalgún/s dos anos indicados. Tampouco se poden presentar aos VIII Premios Mil Primaveras (2026) proxectos recoñecidos nas edicións anteriores.
O xurado dos premios recoñecerá un máximo de catro accións, campañas, programas ou proxectos, sen establecer ningunha xerarquía entre os premios que se outorguen.
A inscrición nos Premios Mil Primaveras é voluntaria e deberán realizala as persoas ou entidades responsables das campañas, accións ou programas de normalización lingüística, pois só elas poden describir de forma detallada os aspectos técnicos da súa planificación, xestión, execución e avaliación.
A inscrición de candidaturas farase a través do formulario da pestana Inscricións, que inclúe unha serie de datos obrigatorios: os básicos de identificación do proxecto e da persoa ou entidade responsable, un resumo, unha fotografía de portada e un documento en .pdf para describir en detalle o proxecto. Esta descrición pormenorizada debe incluír polo menos a seguinte información:
Opcionalmente poden engadirse materiais que sirvan para completar e exemplificar a descrición técnica: máis fotos, ligazóns a vídeos e a arquivos de son e outro tipo de enlaces.
Non hai límite no número de candidaturas que pode presentar cada entidade ou persoa, sempre que cumpran as bases.
1. Obxectivos xerais e específicos
2. Persoas destinatarias
3. Temporalización
4. Necesidades e recursos
5. Accións, medidas e actuacións concretas
6. Avaliación
Tras finalizar o período de inscrición de candidaturas, a CTNL nomeará un xurado que as avaliará e escollerá un máximo de catro de acordo cos criterios que se establecen nas bases. O xurado estará formado por técnicos/as de normalización lingüística, responsables de equipos de normalización e dinamización lingüística e persoas que teñan experiencia en dinamización lingüística. Non poderán formar parte del promotores/as de accións candidatas.
Os proxectos que resulten seleccionados polo xurado publicaranse na sección Proxectos premiados tal e como foron subidos polas entidades ou persoas responsables.
Estará aberto durante tres meses:
do 2 de novembro de 2026
ao 31 de xaneiro de 2027.
Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica; consisten no recoñecemento e difusión das accións, campañas, programas e proxectos como modelos positivos para o traballo en normalización lingüística.
Alén disto, entregarase un galardón identificativo nun acto público que terá lugar nunha data e nun lugar que se determinarán con suficiente antelación.
Foto de grupo do acto de entrega da sétima edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 13 de xuño de 2026)
A sétima edición dos premios recoñeceu os seguintes proxectos:
Foto de grupo do acto de entrega da sexta edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 7 de xuño de 2025)
A sexta edición premiou a:
Foto de grupo do acto de entrega da quinta edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 8 de xuño de 2024)
A quinta edición dos premios convocouse en 2023 e recoñeceu os seguintes proxectos:
Foto de grupo do acto de entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 9 de xuño de 2023)
A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu as seguintes iniciativas:
Foto de grupo do acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras (Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra, 11 de xuño de 2022)
A terceira edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu os seguintes proxectos:
Foto de grupo do acto de entrega da segunda edición dos Premios Mil Primaveras (Teatro Principal de Pontevedra, 5 de xuño de 2021)
Os segundos Premios Mil Primaveras recaeron en:
Foto de grupo do acto de entrega da primeira edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 21 de setembro de 2019)
Os Premios Mil Primaveras creáronse en 2019 e recoñeceron na súa primeira edición:
Os Premios Mil Primaveras promóveos e organízaos a CTNL coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.