A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) abriu a recepción de candidaturas para a II edición do Premio Xela Arias, recoñecemento que naceu no 2018 para recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúan á promoción do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación en todos os sectores económicos.
Os obxectivos do premios son:
O período de recepción de candidaturas rematará o día 15 de setembro. Para enviar unha candidatura só é preciso enviar un correo electrónico a info@agpti.org.
Un xurado, do cal formará parte María Alonso Seisdedos, gañadora da edición anterior, escollerá o gañador ou a gañadora desta segunda edición, decisión que será anunciada o día 30 de setembro co gallo do DIT, o Día Internacional da Tradución.
A entrega do premio será, como o ano anterior, durante a feira Culturgal.