Novas

A AGPTI convoca o III Premio Xela Arias

23/set/2020

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) abriu a recepción de candidaturas para o III Premio Xela Arias, galardón que naceu no ano 2018 para recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúan á promoción do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación en todos os sectores económicos.

Os obxectivos do premios son:

  • pór en valor a profesión dos tradutores e intérpretes e o galego como lingua de traballo e
  • dar a coñecer o nome de Xela Arias (1962-2003), figura destacada na tradución ao galego e responsábel das versións na nosa lingua de obras de James Joyce, Gianni Rodari, Jorge Amado ou Roald Dahl.

 

Presentación de candidaturas

O período de recepción de candidaturas comezou o 10 de setembro e rematará o día 25 de setembro. Para propor unha candidatura só é preciso enviar un correo electrónico a info@agpti.org. Calquera persoa pode suxerir unha empresa, entidade ou persoa candidata.

A decisión do xurado será anunciada o día 30 de setembro co gallo do Día Internacional da Tradución.

A gañadora da primeira edición foi María Alonso Seisdedos, e a da segunda, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Ligazóns

Noticias relacionadas