Novas

Convocamos os sextos Premios Mil Primaveras

15/out/2024

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a sexta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.

Estes premios naceron en 2019 co fin de recoñecer e difundir o bo traballo que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, favorecer que sexa un labor máis apreciado e comprendido socialmente e compilar accións, proxectos e campañas que poidan servir de modelo ou ser inspiradoras para novas accións. Nas cinco edicións anteriores foron premiados vinte e oito proxectos de normalización da lingua.

Poden optar a estes premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal fomentar a lingua e incrementar o seu uso e/ou prestixio e que foran desenvolvidos total ou parcialmente en 2021, 2022, 2023 ou 2024.

Non se admiten proxectos sen executar nin se premiarán traxectorias de institucións, senón campañas desenvolvidas nalgún/s dos anos indicados. Tampouco se poden presentar aos VI Premios Mil Primaveras (2024) proxectos recoñecidos nas edicións anteriores.

Nesta edición, que convocamos en 2024, recoñecerase un máximo de catro accións, campañas, programas ou proxectossen establecer ningunha xerarquía entre os premios que se outorguen.

 

Presentación de candidaturas e prazo

A inscrición nos Premios Mil Primaveras é voluntaria e deberán realizala as persoas ou entidades responsables dos proxectos, accións, campañas ou programas de normalización da lingua, pois só elas poden describir de forma detallada os aspectos técnicos da súa planificación, xestión, execución e avaliación.

inscrición de proxectos farase a través do formulario da pestana Inscricións, que inclúe unha serie de datos obrigatorios: os básicos de identificación do proxecto e da persoa ou entidade responsable, un resumo, unha fotografía de portada e un documento en .pdf para describir en detalle o proxecto. Este documento debe incluír polo menos as seguintes epígrafes:

  • Obxectivos xerais e específicos
  • Persoas destinatarias
  • Temporalización
  • Necesidades e recursos
  • Accións, medidas e actuacións concretas
  • Avaliación

Opcionalmente poden engadirse materiais que sirvan para completar e exemplificar a descrición técnica: máis fotos, ligazóns a vídeos e a arquivos de son e outro tipo de enlaces.

Non hai límite no número de candidaturas que pode presentar cada entidade ou persoa, sempre que cumpran as bases.

prazo de inscrición está aberto do 16 de outubro de 2024 ao 31 de xaneiro de 2025.

 

Xurado e publicación dos premios

A CTNL nomeará un xurado que avaliará as candidaturas presentadas e escollerá as premiadas de acordo cos criterios que se establecen nas bases. O xurado estará formado por técnicos/as de normalización lingüística, responsables de equipos de normalización e dinamización lingüística e persoas que teñan experiencia en dinamización lingüística. Será nomeado pola CTNL e non poderán formar parte del promotores/as de accións candidatas.

Os proxectos que resulten seleccinados polo xurado publicaranse na sección Proxectos premiados tal e como foron subidos polas entidades ou persoas responsables.

 

Recoñecemento e difusión

Foto de grupo do acto de entrega da quinta edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 8 de xuño de 2024)

Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica; consisten no recoñecemento e difusión das accións, campañas, programas e proxectos como modelos positivos para o traballo en normalización lingüística.

Tamén inclúen a entrega dun galardón identificativo nun acto público que terá lugar nunha data e nun lugar que se determinarán con suficiente antelación.

As anteriores edicións dos Premios Mil Primaveras

A quinta edición dos premios convocouse en 2023 e recoñeceu os seguinte proxectos:

Foto de grupo do acto de entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 9 de xuño de 2023)

cuarta edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu as seguintes iniciativas:

Foto de grupo do acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras (Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra, 11 de xuño de 2022)

terceira edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu os seguintes proxectos:

Foto de grupo do acto de entrega da segunda edición dos Premios Mil Primaveras (Teatro Principal de Pontevedra, 5 de xuño de 2021)

Os segundos Premios Mil Primaveras recaeron en:

Foto de grupo do acto de entrega da primeira edición dos Premios Mil Primaveras (Pazo de Cultura de Pontevedra, 21 de setembro de 2019)

Os Premios Mil Primaveras creáronse en 2019 e recoñeceron na súa primeira edición:

  • Premio ao mellor proxecto estabilizado: Modelo Burela (IES Perdouro, Burela)
  • Premio ao mellor proxecto novo: Falemos de ti e min: a cultura galega desde unha perspectiva integradora (IES de Soutomaior)
  • Premio á mellor comunicación e impacto: Desafío 48 h (IES María Casares, Oleiros)
  • Premio ao proxecto máis innovador: Proxecto Youtubeir@s (concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo, Deputación Provincial da Coruña e universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo)
  • Premio ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e/ou mocidade: Eu presumo de galego (IES de Melide)
  • Premio ao mellor proxecto de fomento do galego nun ámbito sectorial: GCiencia (Ciencia Galega Industrias Creativas, S.L.)

Os Premios Mil Primaveras promóveos e organízaos a CTNL coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Descargas